miércoles, 30 de septiembre de 2015

UN PRESENTE DE ATRANCOS



              O bicho quere penetrar, atravesar a conciencia dun soño, pero a loita dun sentimento vai máis alá dunha guerra que se pensa que se ten perdida. Ninguén quere perder unha guerra que non ten cuartel. O bicho quere furgar, escaravellar polas corredoiras da esperanza. Pobre infeliz! Mal pensa el que os desexos dunha mente feliz e libre van máis alá dunha batalla que se pensa que está ganada. Todo presente ten o seu atranco. Para que todo o futuro os esquive, os salte, os brinque, os evite. O bicho quere fundir os soños dunha vida que circula polas estradas da memoria. Pero ninguén acouga sen escribir catro versos nos que o bulebule dun corazón amosa dúas bágoas e tres sorrisos. Meteremos os sorrisos nun ascensor para que suban ata o infinito e máis alá. Destriparemos o bicho contra os penedos da nostalxia e despois, cada quen, que baile ó son que queira. Algúns bailarán sobre o absurdo, sobre a incoherencia dun recordo. Outros, simplemente, sobre a melancolía dun consolo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario