Hai equipos en case todos os deportes que moitas veces fanse
querer. Por ser demasiado modestos, por ser sufridores, por ser o irmán pobre
da cidade, porque os seus xogadores visten de tal ou cal maneira, etc. Eu
recordo sempre ó Estudantes como o equipo ó que os afeccionados ó baloncesto
lle tiñan máis cariño. Por ser o modestiño de Madrid e por ser o que quizais
máis apoiase á base, ós cativos que empezan. Seguro que por esa pobreza de non poder
fichar grandes xogadores. Creo que foi nos anos 70 e 80 cando mellor estivo,
cando tiña máis fama. Pois ben, o pasado venres lin unha noticia que me fixo
lembrar todo ese cariño que sempre se lle tributou e que, agora, hai que seguir
tributándolle.
Resulta que o Estudantes vai crear unha escola de baloncesto
dirixida principalmente ós nenos refuxiados. Aí está; son detalles que quéirase
ou non fanche brillar os ollos coa emoción ó percorrer as liñas da noticia. E
non só iso; vai incluso algo máis alá: tamén organizará un partido solidario,
que será o da primeira xornada da liga.
Aí, ó pé do canón. Un equipo aínda máis modesto có dos anos citados.
Sempre cos máis necesitados, cos máis desamparados deste mundo. E hai a tira
deles. Un equipiño dándolle leccións de solidariedade ós grandes de España.
Estes van ó negocio. Aquel a mirar para o embigo do ser humano. Grazas,
Estudantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario