Bágoas que choutan duns ollos
cansados e apesarados, entristecidos. O medo é libre. A incerteza manca e doe,
fai tremer as entrañas. Impotencia ante o descoñecido. A soidade é o cabalo de
batalla co que hai que cabalgar. Pensas no futuro e asoma unha negrura que,
máis seguro, torne primeiro a gris e logo a branco. Pero antes hai que pasalas negras,
hai que pasalas moradas. Bágoas que bañan a cara. De medo. De impotencia. Agora
son os pensamentos os que bulen por unha vida futura. Medo a non ter futuro.
Mais non queda outra que botar man da esperanza e loitar contra as adversidades
que aniñan nun. Toda loita ten a súa recompensa. Ten que tela. Non queda outra
que confiar. E esperto e durmido tes que pensar e soñar que aquí estás ti, que
nada e que ninguén é quen de conter, de cortar as túas ansias de supervivencia.
Seca as bágoas, deixa caer un sorriso e pensa que máis alá de ti segues estando
ti, e ti, e ti; e logo xa os demais. Agora, deixa que o sorriso seque as
bágoas. Xa verás como o optimismo calma a incerteza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario