A
Semana Santa dá para moito. E estou a referirme tan só a eses catro últimos
días, os dous festivos e a fin de
semana. Eses días deron para practicar a nugalla e a lectura (xoves en venres);
para usar a mellor terapia que existe para vencer ó estrés, indo á leña o sábado; e para facer turismo a tarde do
domingo de Pascua. Turismo á fervenza de Augacaída, na parroquia de Vilar de
Ortelle, concello de Pantón. A verdade é que lle tiña ganas. Xa
intentaramos ir unha vez, pero non atinaramos dela. Este domingo pasado, baixo
outras indicacións, a muller e máis eu iniciamos a aventura. Sabía algo do seu
perigo no seu tramo final. Incluso lera que unha corda servía de apoio para a
baixada. Aseguro que, hoxe, coa humidade existente nunha parte do tramo, hai o
risco de dar co cu no chan. A baixada é realmente bonita e a catarata,
impresionante. E nestas datas, o volume da auga fai aínda máis espectacular a
paisaxe para as fotos. Houbo fotos, claro. Remato cun hip, hip, hurra! pola miña
muller porque, estando como está, atreveuse á baixada e, no caso dela, á
subida. Cumpriu como unha heroína. Ela mesmo confesou despois que mereceu a
pena. Preciosa fervenza!
Café
Oren Express da Valenzá. Domingo, 27 de marzo de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario