Mortes. Semana de mortes. Será porque estivemos na Semana
Santa, na semana de paixón. Empezouse co accidente de autobús en Tarragona, no
que faleceron 13 estudantes estranxeiras. É igual, coma se foran españolas.
Foron 13 vidas rotas, 13 crucifixións que quedarán para sempre no monte Calvario
dos familiares.
O
martes. O martes, morte familiar que se sigo comentando debería de dar para
infinidade de relatos diarios que non proceden, porque en cada un deles a
emoción bañaría os meus ollos, e xa chegou ben ese día e cando os recordos
asomen á miña mente que, temo, será bastante a miúdo.
O
martes, o mesmo martes dobre atentado islamita no metro e no aeroporto de
Bruxelas, no que máis de 30 vidas rotas e centos de feridos quedarán tamén para
a dor e os recordos de toda a humanidade. Porque hai accións, hai actuacións
que van máis alá do entorno familiar. Para uns é fanatismo, para outros é vinganza
e para uns cantos… daqueles pos, estes lodos. Para as familias, unhas crucifixións
sen sentido ningún.
E o
Xoves Santo outro día máis de paixón para todo un personaxe, no bo sentido da
palabra. Morría Johan Cruyff, o home que revolucionou o fútbol. A ver, houbo e
hai catro grandes no universo futbolístico: Di Stefano, Pelé, Maradona e Messi.
Un perfecto póker de xogadores (pero quedaron aí, como xogadores tan só). Mais
o comodín para formar o que queirades é, ten que ser Cruyff, pois, a maiores de
ser un excelso xogador, que se pode dicir como adestrador. Hoxe o Barça é o que
é grazas a el.
Hai
semanas que non deberían asomar nos calendarios.
Finca Fierro. Venres, 25 de marzo de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario