Quixen
buscar a pota do caldo e farteime de fedellar polos chineiros e armarios, polas
despensas e recantos escuros. Nada de nada. Chamei a Valeria, a veciña que teño
enfronte mesmo da casa, para que me botase unha man e case ma bota ó pescozo
cando me dixo se non era aquela que estaba enriba mesmo da propia cociña de
ferro. Viume subir de tal maneira as cores á cara que non lle quedou outra que
sentenciar cunha “has de ir ó mar e non has de encontrar auga”. Pois case ten
razón. É máis, ten razón. Estaba mesmo diante dos meus ollos e non a vía.
É unha pota grande. É unha pota vermella. É unha pota digna de ver. Eu non a vin. Fun ó mar e non atopei auga. Fun ó mar e non vin auga. Hai que ser ben pailán! A pota de caldo, por certo, está chea de caldo. De caldo de repolo. Si, a verza do país é moita verza de cristo, pero para este molgués que escribe, onde estea un bo repoliño que se quiten todos os manxares. A pota do caldo estaba e está por enriba da cociña de ferro. Tivo que ser a veciña, Valeria, a que ma ensinou. Eu fartárame de buscala e non a vira. E iso que é grande, e vermella, e digna de ver. Outro por certo, a veciña tamén é digna de ver. Claro que Valeria ten tan só vinte e poucos anos. E unha moza con estas idades... Seguro que ela si atopa auga no mar. Á miña idade a cabeciña non dá para máis. Será porque pensa no caldo de repolo que está por enriba da cociña de ferro.

Café
Brétema da Valenzá. Martes, 26 de xullo de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario