martes, 27 de diciembre de 2016

A MENIÑA DOS SEUS OLLOS


Ninguén sabía que Eliseo Patrás Subirás estaba acochado no canastro da aira. Pero alí se metía todos os días á tardiña, media hora antes de que empezase o rosario na igrexa parroquial de Baños de Molgas.
Eliseo Patrás Subirás encerrábase no canastro tan só para espiar á meniña dos seus ollos. A meniña dos seus ollos chámase Ludivina Barronca Empinada. Pero como é dunha familia "bien", non lle queda outra que contemplala e vela pasar. Era o que facía todas as tardes. Porque Ludivina Barronca Empinada ía todas as tardes ó rosario. E que non fose! Xa a súa nai, co beata que era, se encargaría de botarlle un bo sermón. Eliseo Patrás, cando a vía por entre os barrotes, empezaba a babexar de tal maneira que ata os ollos se lle enchían de auga. El mesmo sabía que non podía facer nada, que a meniña dos seus ollos era inalcanzable. Diferenza de clases, adoitaba dicirlle a quen o quixera escoitar. Case ninguén. Porque todos sabían que Ludivina Barronca non sería para ninguén da vila.

Finca Fierro. Martes, 27 de decembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario