martes, 20 de diciembre de 2016

UN CONTRA DOCE


              Doce mortos son máis que un morto. Entendo que a moitos lles impresionaran as vítimas do presunto atentado de Berlín. Pero a min impresionoume moito máis a morte de Uriarte, aquel xogador mítico do Athletic de Bilbao dos anos 60 e principios dos 70.
Xa sei que hoxe en día ninguén coñece a Uriarte, pero a min quedarame sempre na memoria porque así tamén se chamaba o mellor can que tiven. Alá o meu amigo Moreno se encargou de bautizalo. El, que é un fanático do Real Madrid. Vai ti saber por que se lle veu aquel nome á cabeza. Pero grazas ó can fun un pouco tamén seguidor de Fidel Uriarte Macho, dianteiro, máximo goleador na temporada 67-68 e nove veces internacional. Morreu o pasado luns 19 á idade de 71 anos. Descanse en paz. E grazas por lle emprestar o nome ó can polo que, tamén cando morreu, chorei como para encher a lagoa de Almoite.


              Finca Fierro. Martes, 20 de decembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario