lunes, 19 de diciembre de 2016

DETRÁS DOS EXTRATERRESTRES


              Quero correr detrás dos extraterrestres, é máis, quero matar a algúns, a moitos extraterrestres. Pero para elo teño que facerme astronauta. Non sei como facerme astronauta! No sei nada da física cuántica nin da química orgánica ou analítica; que máis dá. Non sei nada da propulsión dun asubío nin da inercia flotando por enriba dun amieiro. Pero baixo o influxo do jazz de Thelonious Monk son capaz de aboiar por entre nubes de algodón para atoparme, cara a cara, con E.T. Pobriño, este é tan riquiño, que tan só lle direi ola e deixareino ir para a súa casa.
O peor é cando remate a música de Thelonious Monk… lembrade que non son astronauta. Paso a fochicar nas páxinas da Internet para buscar cursos de cómo facerse astronauta. Seguide lembrando que quero correr detrás dos extraterrestres. Ou mellor dito, quero matar algúns ou moitos extraterrestres. É que son feos de carallo!


              Finca Fierro. Luns, 19 de decembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario