domingo, 25 de diciembre de 2016

UN AUTÉNTICO DESPILFARRO


              Alá van medias festas de Nadal. Un Nadal raro, raro. Quizais por aquilo de que cadrou nunha fin de semana normal. Unhas festas que, penso, cada vez máis xente empeza a cansar delas. Polas enchentes de comidas. Polos compromisos adquiridos e que logo son auga de bacallau. O das paparotas xa é un caso para facer unha auténtica tese doutoral; desde a calidade das mantenzas ata as farturas polas cantidades. Ás veces non sabes a que atender. E se comes moito dunha cousa, esquécete xa da outra.
Quen paga despois o pato é o propio anfitrión, que ou come durante toda a semana dos restos ou tira con todas as sobras, que adoitan ser a metade de todo o que se puxo. É dicir, un auténtico despilfarro, tanto en vituallas como en cartos. Agora, para máis aquel, aínda queda a outra metade das festas: noitevella e ano novo. Ou sexa, máis do mesmo.


              Finca Fierro. Domingo, 25 de decembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario