martes, 13 de diciembre de 2016

SOBREVIVÍN CULTURALMENTE


              Non é que teña moitas ganas de escribir, pero o jazz de Joe Pass ponme máis ou menos en situación. Hai que dicir unha vez máis que a música é coma o latexo dun vivir en constante movemento. Sen a música non son nada. Sen a lectura non son nada. Sen a escritura non son nada. E sen o cine non son nada.
Sobrevivín detrás de tres vacas e un burro porque miraba máis para o libro que para os animais. Así os perdía ás veces e así me mallaba a nai por facer o que non debía. Sobrevivín a viaxes longas no coche porque o casete ou o CD cuspían folk, jazz ou rock and roll por todos os altofalantes. Sobrevivín a tentacións durmiñonas porque a pantalla branca do cine iluminábase con soños reais e imaxinarios. Sobrevivín a aborrecementos porque catro versos e dous parágrafos salvábanme as tardes. Creo que sobrevivín culturalmente.

              Finca Fierro. Martes, 13 de decembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario