lunes, 26 de diciembre de 2016

LIBROS DA BIBLIOTECA


              Lisardo Estrujado Estrume espertou da sesta e díxolle á súa dona que tiña que ir buscar libros á biblioteca. Esta apuntouse á viaxe, así coma un dos fillos da parella. Foron no autobús porque tiñan libre toda a tarde. E se non fora polo fillo, seguro que ían andando. Pero foron no autobús.
Lisardo baixouse dúas paradas antes ca eles, porque estes tiñan intención de dar unha volta polos comercios. Así é que o homiño achegouse á biblioteca, e xa no estante das novidades atopou dous libros. Como ía coa intención de pillar outro máis, Lisardo Estrujado Estrume botou man da lista que levaba e axiña deu co terceiro. É dicir, que nun chiscar de ollo saíu xa da biblioteca. Aínda que se por el fora, tirábase alí boa parte da tarde. Só que fose para mirar os bordos e as portadas dos libros. Cando Lisardo deu coa muller e o rapaz, volveron coller o autobús. Polo rapaz. Que se por eles fora, irían andando.


              Finca Fierro. Luns, 26 de decembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario