domingo, 18 de diciembre de 2016

E CO FRÍO QUE FACÍA!


              Severino Albornoz Suárez cando viu que ás tres e pico da tarde empezaba a asomar o sol pola vila, díxolle a súa dona de saír a dar un paseo ata a ponte das Cepas e así saudaban tamén a Clodomiro Bata Carqueixa, ó que facía moito tempo que non vían.
Levaban todo o día baixo unha néboa tan espesa que os obrigaba a estar na casa, ela vendo a televisión e eu lendo. Non obstante, cando saíron á rúa, axiña se decataron de que, a pesar do sol, a tarde non estaba para moitos paseos; o airiño que corría era frío de carallo. Cando pasaron por xunto á estación do ferrocarril xa estaban medio arrepentidos de saír do calorciño da casa. Pero continuaron. E cando chegaron á casa de Clodomiro, chamaron e ninguén contestou. Severino mirou para a súa dona, esta mirou para Severino e, os dous, ó unísono, soltaron aquilo de: un paseo en balde. E co frío que facía!


              Finca Fierro. Domingo, 18 de decembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario