lunes, 11 de septiembre de 2017

ESPERANDO A “ESE MONO”



            A ver se vén ese mono, díxolle a Juliana o Agapito. Ese mono é o seu fillo. Que saíu á media tarde e non lles aparece para cear. A Juliana é a filla da Ramona, A Faltriqueira, e de Dionisio, O Albardas. O Agapito é fillo de Lucinda, A  Sacacorchos, e de Amadeo, O Paspallás. Casaron alá polo ano da fame. Da fame a causa da crise, non da fame a causa da posguerra.
Ela xa ía preñada ó altar e el xa ía coa angustia no peito, porque non sabía se sabería coidar á criatura que lles chegase. A criatura que lles chegou chámase Uxío, O Meniño. O alcume xa se pode imaxinar un de onde lle vén. Uxío, O Meniño, saíulles algo peixe, algo tarambainas: non ben aprendeu a andar e a falar para… como Pedro pola súa casa. Si, era a súa casa, e nela facía e desfacía ó seu antollo. Os pais, o típico, meniño, non fagas isto, meniño, coidadiño co que dis. Pero O Meniño dálle que dálle ó que lle apetecía. E ano tras ano ía a peor. Era igual, Juliana e Agapito miraban para outro lado, e así estaban á espera de que “ese mono” aparecese para cear. Eles cearon, pero Uxío aínda non chegou.

            Finca Fierro. Luns, 11 de setembro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario