Hai
caídas e caídas. Hai caídas mortais e hai caídas nas que te levantas e segues
camiñando como se nada. Alá polo mes de maio, un neno de seis anos caeu desde
un cuarto piso e tan só rompeu unha perna. Incluso houbo xente que caeu desde
moito máis alto e saíron completamente ilesos. Pola contra, a veciña Margarita
Salgado de Calvelo de Lama Má, de Baños de Molgas, caeu desde unha cerdeira e
quedou morta no acto. Aconteceu no século XIX, máis en concreto no mes de xullo
de 1897, segundo unha nova coa que me atopei fochicando pola Internet.
Agora mesmo tamén estou pensando que, naquel tempo, como te lesionases de gravidade, púñase “chunga” a cousa. Tamén é verdade que, naquel tempo, os médicos e curandeiros valían tanto para un roto como para un descosido. A ver!; nin había medios nin estaban os camiños como para desprazarse urxentemente cuns lesionados graves. No caso da señora Margarita Salgado ata eu me deixo influenciar pola sorte (para min, a sorte non existe; as cousas son ou non son, pasan ou non pasan), porque xa é mala sorte matarse desde unha cerdeira. Certo, caeu, matouse e non houbo maneira.

Finca
Fierro. Luns, 18 de setembro de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario