Eu
quería que marcaran os xogadores de Liechtenstein, pero, pobriños, non
marcaron. A verdade é que me deron algo de pena. E máis sabendo que con eles
xogaba un fillo de galego. Estamos en todos os lugares do mundo. Ata en Liechtenstein!
A ver!, habendo un galego na lúa, como non vai estar algún á beira dos Alpes. E
aínda hai uns cantos, xa que oín perfectamente como alguén que estaba no campo
berraba un “veña, Iaguiño!”, en clara alusión a Iago Aspas.
Eu quería que se levaran unha alegría os xogadores e o público dese país case impronunciable. Qué menos… sen liga, sen practicamente profesionais, con, non sei se dixeron, pouco máis de 2000 licenzas e 35.000 habitantes. Pobriños, levaron oito goles acá e oito alá. A eles téñenselle que facer a maioría dos partidos moi longos, eternos; e case sempre pechadiños no seu campo. Entendo perfectamente á súa xente alentándoos cando conseguen ir máis alá do medio do campo. Ata eu me alegraba. De todo isto, quizais a súa gran recompensa estea no intercambio de camisetas con xogadores de prestixio, sexan españois, ingleses, alemáns ou italianos.

Finca
Fierro. Martes, 5 de setembro de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario