sábado, 4 de agosto de 2018

ERA MOITA CALOR XUNTA!

Vou correndiño falar da calor para non morrer abrasado. Vai calor. Moita calor. Hoxe si é verdade iso de que se asan os paxariños. E se a esta calor lle engades unha motoserra acendida e dálle que dálle a uns troncos de leña, pois queda aí a cousa para que imaxinedes. E se a esta calor lle metes a tres persoas dentro dun coche ó que lle dá o sol, pois seguide coa imaxinación aberta. Esta calor enténdese por corenta graos ou máis.
Despois, é verdade que un dos tres conseguiu aparcar o coche á sombra e quedou máis contento que unhas Pascuas. Polo que el e máis outra persoa marcharon a tomar algo a un bar que non tiña aire acondicionado. Con esta calor! Lectores meus, non é preciso que botedes moito a imaxinación a voar para intuír como estaba un nese bar. Logo de que, un deles, lle botara unha ollada a este xornal, optaron por marchar para o coche... que estaba a sombra. Pero que diferencia pode haber entre corenta e algo graos ó sol e corenta á sombra. Pois iso, que o asunto seguía estando para morrer. Ó final os dous personaxes acordaron saír do coche e sentar á sombra da árbore que estaba á beira, onde, por un casual, había unha fonte con auga moi fresca. Que a imaxinación voe para intuír o que fixo alí un dos personaxes. Era moita calor xunta!

Finca Fierro. Sábado, 4 de agosto de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario