O asunto é grave. Dentro de pouco
Galicia quedará sen habitantes. Levamos 30 anos con máis mortes que
nacementos. E mirade que o teño dito: máis cópula, máis trinque.
Polo menos nas noites de inverno, para combater esas tremendas
xeadas. Pero non hai maneira. O
asunto ten que estar na paupérrima economía nosa. Porque o fornicio
nunca pasou de moda, nunca pasa de moda. Co bonito que é. Pero,
claro, quen lle dá de comer hoxe en día, só que sexa, a dúas ou
tres bocas. E quen volve a aqueles anos nos que as familias constaban
de dez membros ou máis incluso. Naqueles tempos ardían os ceos e
imperaban os lóstregos nocturnos.
En
Cuba seica venden exemplares da nova Constitución por tres céntimos
de euro. Cubaniños, non sexades parvos, para que queredes a
Constitución! Para que quere a xente a Constitución, se nin Cuba
nin ningún país do mundo cumpre logo coa Carta Magna. Por cumprir
non se cumpre nin un maldito artigo, nin apartado, nin capítulo.
Máis ou menos o que acontece coa Declaración Universal
dos Dereitos Humanos.
Dos dereitos que? É
igual; de calquera declaración, ou norma, ou lei, ou principios, ou
regras.
Finca
Fierro. Mércores, 1 de agosto de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario