lunes, 13 de agosto de 2018

SEGUNDA QUENDA DAS VACACIÓNS

Acabouse o que se daba. As vacacións. Parte das vacacións. Aínda quedan uns días. Imaxino que para a vendima. Nesta segunda quenda si houbo uns días perfectos. Só sete, pero bonitos, bastante tranquilos e, iso si, moi viaxeiros. Por Asturias adiante. E choutando por tres veces a Cantabria. Lugares que xa vira. Lugares que vin por primeira vez. Os que xa vira, vinos de novo porque gustan sempre. Sei que, a maioría, ó falarlle de Asturias, as súas mentes viaxan ata Covadonga. A miña cruza polos desfiladeiros de Los Beyos e de La Hermida.
Si, fun a Covadonga, pero non subín ós Lagos. Eu xa os vira dúas veces, os rapaces “pasaban” moito deles, e non estaba disposto a pagar 36 euros por ir no autobús. Agora xa non deixan subir os turismos. O Parque Natural de Cabárcenos, moi ben, pero a min gustoume incluso máis a propia paisaxe (moi semellante á das Médulas) que os animais en si. Estes vémolos a diario nos documentais da 2. Unha recomendación: non vaiades os mércores (que é gratis) ó museo xurásico de Asturias, porque aquilo é un formigueiro de xente e de nenos, que dificultan moito a visión do museo. Por certo, descubrín que Xoel é todo un especialista en dinosauros. Un día de praia, andainas e xa está.

Maceda. Luns, 13 de agosto de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario