Xa
estamos máis
ou menos no ecuador
das Novenas dos Milagres. E
a xente segue que segue subindo ata o Medo desde todos os recantos da
contorna, incluso de moito máis alá da contorna (e de parte do
estranxeiro). Por certo, o día que os extraterrestres aterren no
noso planeta, non o farán en Estados Unidos, non; que mellor lugar
que no alto do monte Medo, ou en Sudalomba ou na Chaira de Vide ou no
campo de fútbol do colexio. Así recibirán xa a bendición da
Santiña. Moitos
peregrinos, cando vexan aterrar as naves alieníxenas, exclamarán:
milagre!, milagre!
Nunha rede social alguén comentou algo de cando a xente peregrinaba descalza e de xeonllos. Eran outros tempos e penso que a xente evolucionou un chisco. Houbo contraresposta sobre a necesidade da fe, sobre o momento no que te ves tan angustiado que chegas a ofrecer a propia vida. Entendo perfectamente isto, pero tamén sei que a realidade segue aí. Que os milagres non existen. Ou si. Non podo ir en contra da miña nai. Ela cría nos milagres, e sempre mo botaba en cara: cando estudaba nese colexio e aprobaba era grazas á Virxe dos Milagres, pero cando suspendía era culpa miña. Ela moito rezou pero, ó final, o milagre quedou en auga de bacallau (fun nugallán durante toda a miña vida de estudante). Os milagres da Virxe dos Milagres sempre estarán aí e eu non son quen para dicir que a xente renegue deles. Son o primeiro en ter paixón por esa Santiña; por todo o que significou e o que significa para o meu concello e para toda a contorna. E, claro, para miña nai; que sempre lle quixo máis a este lugar e a esta Santa que ó propio San Salvador de Baños de Molgas, e a pesar de telo a dous pasos xustos.

Quixen
coller algo en broma estas Novenas porque outros anos xa escribín a
versión relixiosa ou devota, e creo que lle queda ben algo de humor
para que, así, polo menos á xente de Baños de Molgas, lles resulte
máis animosa
a subida desde A Portela ata o propio Santuario. Remato
para dicir que, con humor ou sen humor, con devoción ou sen
devoción, non perdades o Rosario das Antorchas do día 7 pola noite
e, claro está, O Día 8, no que, por suposto, o bonito tamén é
quedarse a xantar por alí. E
pedirlle un novo milagre á Virxe dos Milagres: regresar para o ano
que vén.
Finca
Fierro. Venres, 31 de agosto de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario