miércoles, 29 de agosto de 2018

O RITUAL NOITÉBREGO

Acabo de realizar o ritual de todas as noites ó rematar de cear. Recollo a mesa e varro a cociña. Apago a tele. Isto significa que teño cousas que facer. Pillo o ordenador e plántoo na mesa da cociña. Ábroo, enchúfoo, acéndoo.
Mentres arrinca empezo co baile de San Vito, é dicir, collo o maletín onde traio varias carpetas con diversas cousas miñas e instáloo nunha cadeira (evito poñelo na chan para que non se me luxe). Apaño ó momento a carpeta máis gorda, na que, a maioría dos papeis, están cheos de música. Música que irei subindo ó feisbuq mentres escribo isto e mentres manipulo pola Internet. Marcho ó salón para coller os cascos e así escoitar a música sen molestar a ninguén e, como non, para apreciar aqueles sons que, sen eles, pasarían desapercibidos. Ó mesmo tempo de coller os cascos alcanzo nun estante do moble do salón un pequeno dicionario de galego-castelán e viceversa (ás veces non queda outra que botar man del, porque un sabe o que sabe ou o que pode, e menos mal!). E no estante de máis arriba atrapo un dicionario fraseolóxico (fotocopiado en folios A4) por se tamén hai que botar man del. Sento. Coloco os cascos. Abro o yutube ese e... música ó canto e... a traballar!

Finca Fierro. Mércores, 29 de agosto de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario