martes, 18 de junio de 2013

A ESCOPETA DE BALOTES


              Cando penso que te fuches, vin que non te marcharas, que estabas aí, quieta, mansiña, subida á galla do carballo e esperando a miña reacción. A miña reacción foi de pasmo, pega do carallo. E mira que che puxen todas as trampas habidas e coñecidas; desde o espantallo de panos rotos, vellos e noxentos ata redes prohibidas que te engancharan para escarmento de corvos e da túa familia. Estou canso de tornarte do millo que teño no Pontón. Logo de tirarme días colocando espantallos e redes, ruídos e aparellos en movemento, fun todo confiado a contemplar os brotes, os gromos do millo e vinte toda fachendosa na galla do único carballo que hai á beira da leira. Non marcharas, maldita pega! Botaba de menos a escopeta de balotes que nunca tiven. Con ela vaia se te marchabas!. Por que eu non terei unha escopeta de balotes!? A maldita pega penso que me leu o pensamento; pois axiña marchou voando camiño dos Poulos. Seguro que volverá... cando saiba que non teña unha escopeta de balotes.


              Biblioteca da Valenzá. Luns, 17 de xuño de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario