viernes, 14 de junio de 2013

O RALLY TAMÉN XERA PERDAS


              O rally de Ourense deste ano xa é historia. Un rally que, segundo o vicepresidente da Escuadra Ourense, Julio Bouzo, xera 1.148.000 euros en tan só dous días. Pero, como diría o dúo Estopa, depende. De que depende? Dun servidor. Porque a un servidor, a parte de cabrealo, dálle perdas. Estou por apostar que, con frases curtas, explico todo. Viña á beira dunha estrada. Estrada pola que transcorre o percorrido, se entende. Polo tanto, estrada cortada. Celebración da proba? En sábado! O día que teño libre para fochicar na viña. Este sábado tocaba sulfato. Non sulfatei. Agora, ou me arrisco a que lle me entre a peste e perda a colleita ou teño que ir a pé feito dúas tardes para sulfatar. Desde Maceda ata Macendo. 50 quilómetros de ida. 20 de volta. E xa sabemos como son e o tempo que leva 50 quilómetros en Galicia. A seguinte tarde, o mesmo. Outra desvantaxe: o tempo climatolóxico. E se agora chove? Cando sulfato? Así todos os anos. Son partidario do rally. Pero por circuítos onde non incomoden. Mira que non haberá estradas polas montañas para estes eventos! E xa non digo nada da desfeita que se fai no asfalto das estradas, principalmente nas curvas nas que os pilotos intentan achicalas ao máximo. O rally tamén xera perdas. Polo menos para un servidor.


              Biblioteca da Valenzá. Venres, 14 de xuño de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario