martes, 18 de junio de 2013

A POLÍTICA BARATA


              Politiqueo nas conversas de quen non entendemos nada. Mentres a crise se pega a esas carteiras baleiras ou a eses petos que tan só gardan un pano das mans. Queremos mandalos a todos ao cárcere, mentres nós metemos as cabezas nos contedores de lixo buscando o que nin aí hai xa. Defendemos leis que están mal feitas porque imaxinamos que outros as fan peores. Nin lle damos opción a ninguén máis que probe as súas forzas. Despois dun tempo vemos que a política barata é a que realmente nos goberna. E nós mesmo somos os que aniñamos esa política non parándolle os pés a eses politiquiños de guante branco. Se optamos por pegar uns berros, axiña insonorizan o espazo que ocupa a sociedade crítica, a sociedade con desexos de cambiar algo. Pero nada cambia. A política barata gangrénase de tal maneira que o cheiro a podre expándese polos poucos recantos limpos que nos quedan na memoria. Nós, covardes coma sempre, tapamos o nariz e tiramos para adiante.


              Biblioteca da Valenzá. Luns, 17 de xuño de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario