viernes, 14 de junio de 2013

SOMOS MÁIS QUE PASMÓNS


              Se te atopas cun titular que di que “os tribunais só fallaron en 2012 oito delitos de corrupción”, non queda outra que botar as mans á cabeza, abrir a boca de asombro e quedar coma un pasmón. Abofé, somos máis que pasmóns! Porque xa nos estamos habituando a tales novas de corrupción. Coma se veramos chover en Galicia. E mirade que estamos acostumados a ver chover na nosa terra! Asumimos a corrupción coma se fose xa unha amiga. Xa nos dá igual que tal ou cal político, que este ou aquel personaxe sexa corrupto; incluso xa é máis fácil analizar, estudar, citar a aqueles que non están corrompidos. Ata penso que chegan os dedos das mans para contalos. Temos tan asumido o da corrupción que mesmo nos parece ben que o noso presidente Feijoo lle pida moderación nos gastos aos reitores das Universidades… quitarlle á educación para “solidarizarse” cos corruptos. Non pasa nada; a vida segue. Pasmóns!


              Biblioteca da Valenzá. Venres, 14 de xuño de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario