lunes, 12 de agosto de 2013

DESEXOS DUNHA GUERRA


              Senta o home na cadeira da terraza e contempla un musical mentres remexe o café que lle acaban de poñer. O home responde polo nome de Octavio Flores Fento, fillo de Quiteria Seica e de Paio Flores. Ten uns 60 anos e catro buracos nos dentes que lle forman un debuxo raro cada vez que sorrí. E Octavio sorrí sempre. Ó mellor xa o fai para destacar ese defecto seu. Sempre conta que quixo ir a unha guerra pero que nunca o deixaron, precisamente por esas ansias de ir. Ante isto, sente non nacer vinte anos antes da Guerra Civil española. Nesta seguro que usaría ese fusil, esa arma que sempre quixo ter nas mans. Agora nin tan sequera lle dan permiso para ter unha escopeta de caza. E non sabe por que. Quédalle o consolo dunha pequena recompensa: a de parolar co seu veciño Queitán Paredes Cemento, o cal andou pola zona do Ebro e de Teruel, dos lugares máis dramáticos da contenda. Octavio sorbe o café e espera o seu veciño que, con noventa e pico longos anos, aínda lle conta as súas batalliñas.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Domingo, 11 de agosto de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario