martes, 20 de agosto de 2013

NIN HAI XA CLASE MEDIA


              Xa empezou o espectáculo “da mellor liga do mundo”. Sei seguro que xa moitos entenden as entrecomiñas; que iso da mellor liga do mundo, hoxe en día, é tan só unha pantomima creada por algúns medios de comunicación que lles interesa tal publicidade. Se ata o propio Diego Simeone, adestrador dun equipo que se entende debería ser dos favoritos, recoñece que, unha vez máis, esta liga será tan só de dous: Real Madrid e Barcelona. E eu digo que ó mellor acontece coma o ano pasado, que na época do Nadal xa sabemos quen máis ou menos vai ganar a liga. Se sucede así, pois o típico: a ver quen mete máis goles, a ver que acontece entre Ronaldo e Messi. Menos mal que este ano, e por agora, temos o aliciente de Neymar. Ó mellor ata conseguimos que este e Messi se enreden nunha pelexa en pleno partido, ou que Casillas e Diego López insulten ou adoren a Ancelotti. Pobres acicates para unha liga de dous moi ricos  e 18 moi pobres; levamos xa uns anos que non hai clase media. Menos mal que a min me chega co estímulo do Celtiña.


              Maceda. Martes, 20 de agosto de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario