miércoles, 14 de agosto de 2013

NON MIROU MÁIS ALÁ


              Quixo ser fiscal do Estado, pero hoxe tan só é ama de casa que vive baixo o xugo do seu home. Prudencia Laporta Cerrollo ía para avogada, pero na Universidade coñeceu a Rafael Fuso Cordel e botouse a perder. Botouse a perder ela, porque Rafael xa era un caso perdido. Mais era guapo, o condenado; e Prudencia non quixo ver nada máis, non mirou máis alá da fermosura do seu futuro marido. Certo que era nova, pero coa suficiente cabeza como para saber o que tiña diante de si. Din que o amor é cego. Será. Axiña casaron e incluso antes de ter o seu primeiro fillo, empezou o calvario de Prudencia. Non volveu coller un libro e Rafael xa levaba tempo sen estudar, sen traballo e con malos vicios nos xogos... e no maltrato. Mais a pesar da mala vida, seguía a ser guapo, o condenado. Para máis aquel, Prudencia tíñalle vergonza ó fracaso. Antes morta que sinxela. Agora apanda co seu mal becho, arrástrase fregando escaleiras e soña coas imaxes de televisión nas que aparecen fiscais do Estado.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Domingo, 11 de agosto de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario