Quixo o demo meter o can na
palleira, pero Sadurniño Derivado Saturno non o deixou. Cun garabullo acenoulle
ó can e este marchou co rabo entre as pernas e coa fame no lombo. Sadurniño
Derivado sabía porque quería entrar o can. Tiña a palleira chea de coellos e
unha ducia de pitas. O can deixaba ver unhas costelas das que fuxira a carne e
a desesperación era grande. A verdade era que a Sadurniño dáballe pena o can,
pero tamén lle daban pena as pitas e os coellos, amais do traballo que tiña que
velar para coidalos. Quixo a demo tentalo a el, a Sadurniño, cuns coiros que
tiña colgados dun ferro na parede lateral para darllos ó can, pero sabía que se
o facía, o pobre animal non lle ía saír de alí en días. E bastante tiña cos
seus propios animais. Así é que, aínda con pena e con certa dor, seguiu acenándolle
ó can para que largase de alí. Cando o perdeu de vista, Sadurniño Derivado
Saturno riuse do demo.
Café Aitana 39 da Valenzá. Luns, 7
de abril de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario