Desde o pavillón
do Campus Universitario ata o fondo da Avenida da Habana. Andando. E pensando.
Pensei na CIA. Non por saber dela nas películas, senón por asomar nos medios de
comunicación cos seus brutais interrogatorios tras o 11-S. Isto xa o intuïamos
e agora xa o sabemos seguro. A CIA. Eses que, nas películas, son heroes porque
descobren sempre o espírito maligno dos contrarios. Dos contrarios a eles,
claro; que adoitan ser practicamente todos porque, eles, os ianquis, son
únicos, e honrados, e valorosos, e guapos.
Pensei nas agresións por violencia
machista. Porque o luns pasado houbo cinco mortos por esta causa, entre
asasinados e suicidados. Pero por que non se suicidan primeiro, por Deus! A
verdade é que esta lacra en vez de diminuír, vai en aumento. Estes machistas de
pacotilla si que teñen un espírito maligno dentro.
Pensei nas críticas do PSdeG do
Carballiño cara ó seu alcalde porque seica felicitou o Nadal en castelán. Ai,
amigos, es que El Carballino no te es una villa cualquiera. En serio, é moi
triste ver cómo estamos tirando pedras contra o noso tellado. Esta semana
pasada mesmo saíu un informe sobre o “afundimento”, sobre o retroceso da lingua
galega. Ante actitudes coma as de Marnotes é lóxico que a nosa lingua
retroceda. Os concellos e os colexios deberían ser os grandes defensores do
galego, e non sei se non serán precisamente os que máis en contra están do seu
uso. O espírito maligno non ten conciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario