Un bico longo, máis ou menos duns
dez segundos, transfire 80 millóns de bacterias. Aí é nada! E alá vai o burro
coas noces! Non se pode mexar porque en cada pinga de urina seica asoman máis de
100 enfermidades. Agora non podemos “darnos o lote” porque as bacterias acirran,
empurran por todos os lados. E digo eu: se en vez de ser un bico longo “morreamos”
tan só cun biquiño? Que serían, 40 millóns de bacterias? Aínda son bacterias de
carallo! Castidade, xentiña! Moita castidade! Pero que é a vida sen un bico? E
non me refiro ás mostras de cariño, senón a eses bicos longos coma os días de
maio. As neuronas ínchanse, o sangue bule, e a autoestima aumenta. Guerra ás
bacterias con “longos” desexos de felicidade! Dentro de nada algúns quererán
meternos o medo no corpo con tantas pestes no seme que, claro, aniquilarán os
espermatozoides. Vaiche boa! Sería o que nos faltaba! Co bonito que é o sexo! E
este empeza, como non, cuns bicos longos. Así é que... que se zurzan as
bacterias! Por non dicir outra palabra sexual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario