Outra vez. Volveu outra vez. O caso de Asunta Basterra.
Primeiro, un asasinato. Unha putada. Pero a noticia chegou a cansar. Eu non sei
se os medios de comunicación se dan conta de que, ás veces, con tanto bombardeo
un chega incluso a “pasar olimpicamente” dun asasinato. E é moi triste o dato,
porque Asunta tan só era unha nena. Con tanto bombardeo mediático un “pasa” ata
da propia nena e impórtache un pemento o que lle pasara. É triste, é unha pena,
pero creo que é así. Pobre rapaciña!, sen culpa ningunha. Ás veces un tamén se
pregunta por que non se bombardea desa maneira as falcatruadas da maioría dos
políticos. Segundo do partido que sexa, estas acaparan unha ou dúas columniñas
como moito e pouco máis alá do día da súa primeira publicación.
Outra vez. Volveu outra vez. O caso de Asunta Basterra.
Agora, un xuízo, coa súa escolla do xurado popular. No xuízo haberá para dar e
tomar. Que si as probas. Que si as testemuñas. Que si as declaracións. Que si
as facultades mentais duns e doutros. Que si a planificación. Que si a
frialdade da execución. Que si as rexoubas. Que si os ruxerruxes. Páxinas
enteiras de xornais. Programas radiofónicos. E non quero dicir nada desas
cadeas televisivas que xa todos intuímos.
E á pesar de que estea escribindo sobre o asunto, confeso que
tan axiña como entendo ou como vexo os titulares coas letras grandes, deixo de
ler xa o propio titular. Imaxinade as entradas: nin caso. Paso páxina
inmediatamente. E impórtame un carallo que condenen ou non condenen a quen
teñan que condenar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario