Estamos nun país de ineptos. Que
deixamos que a lingua galega se vaia ó carallo e a castelá ó quinto inferno.
Informaticamente xa quedan moi pouquiñas palabras castelás. Todo son expresións
inglesas. Que as fomenta a propia prensa española. Cada día me perdo máis nesas
lecturas que meten as redes sociais por medio. Agora mesmo estou lendo a
seguinte frase: “Son os hipsters os que elixen a barba e é a barba a que quere
que os hipsters elixan á barba”. Falando claro: nin puta idea! Outra: “Hipsters
non votan porque é mainstream”. Serei parvo, pero asegúrovos que non sei o que
quere dicir ningunha desas dúas frases. E saen nun xornal que leo todos os
días..., pero que cada vez entendo menos. Resumindo, que quedei a velas vir.
Que tiven que pasar a outra noticia sen saber o que dicía a anterior. A propia
prensa española fomenta os anglicismos. E o Goberno español e a Xunta de
Galicia quedan cos brazos cruzados. Ante isto, aproveito para mandar o aviso
desde aquí: escribireino mal, pero para min sempre será: feisbuq, guasap (ou
mensaxaría instantánea), correo electrónico, tuiter (ou trilar), guguel. E así,
tantas e tantas. Irán como as pronuncie.
Café O Chicote da Valenzá.
Martes, 8 de decembro de 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario