miércoles, 23 de diciembre de 2015

AQUELES CINCO MINUTOS


              Baixo a música de jazz de Lester Young e Oscar Peterson, penso. Penso nestas datas que volven morriñentos a moitos e que a outros non lles traen bos recordos. Os recordos sempre están aí… precisamente para que os recordemos. Hai que xente que busca os bos, pero tamén a hai que se deixa vencer polo pesimismo. Penso que eu estou sempre do lado dos bos. De aí que case sempre me lance á busca e captura da infancia, porque, son dos que digo que a infancia é a mellor etapa da vida. Nela, aínda que houbese malleiras ou aínda que algún rapaz che comese a moral ou aínda que ó saír da escola houbese que cavar unha finca enteira, chegaban aqueles cinco minutos que te escapabas (escapar, que calquera lle pedía permiso á nai) á aira para vencer todas esas adversidades. Aqueles cinco minutos son como o sorriso dun fillo… que xa te pode matar a desgustos, que ese sorriso… ai ese sorriso! Baixo a calmosa música de jazz, penso. Penso nestas datas nas que vos desexo, de corazón, toda esa felicidade que sempre estamos buscando. Que esa felicidade vos leve ata o infinito e máis alá. Ou ata a fin do mundo.


              Finca Fierro. Mércores, 23 de decembro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario