miércoles, 16 de diciembre de 2015

POR CULPA DOS PÉS


              Esgotado. De estar quieto. Ou de moverme a modiño, moi a modiño. Non sei se conseguirei escribir. Consigo coller o bolígrafo, pero ó suxeitalo con forza (sempre o suxeito con tanta forza que teño incluso un calo no dedo medio ou o pai de todos), digo que ó suxeitalo atácame a cambra na man Eu sempre digo que se me “encatramusa”. Encatramúsaseme a man, encatramúsanseme as pernas, encatramúsanseme os dedos. Teño que deixar de escribir e darlle unha masaxe á man. As cambras débense a que levo todo o día, levo dous días dálle que dálle á tesoira da poda. E isto cansa. Aínda que, o que máis me cansa é o de estar quieto, ou moverme a modiño, moi a modiño. Por culpa dos pés. Estes son os que me matan, os que me crucifican con esa lentitude. Díxeno sempre: prefiro percorrer os 30 quilómetros que hai de Ourense a Baños de Molgas a un paso normal que pasear só que sexa unha gabia da Costa da Gándara. Estou esgotado. Case non consigo escribir. Mais estouno facendo, malamente, porque… hai que escribir.


              Cafetaría Pabellón de Ourense. Mércores, 16 de decembro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario