Todos os sábados, cando imos para
Ramiras, en Castrelo de Miño, sempre poño a radio en RNE no
programa “No es un día cualquiera”, de Pepa Fernández. Porque
me parece un programa moi ameno e con moito interese.
Non obstante, no programa
deste sábado pasado, axiña notei algo raro, principalmente no ton
de voz da locutora.
Comenteille o detalle á muller e esta pensaba que se debía ó
asunto da ETA (porque estes días non se fala doutra cousa). Pero esa
voz tan triste de Pepa Fernández non me cadraba. Axiña se emendou o
torto: acababa de morrer José María Íñigo.
Sinceramente, a min tamén me impresionou. Quedei abraiado, medio pampo. Era un crack. Coñecino de sempre, de cando asomou por Televisión Española cos seus marabillosos programas. Pero quizais, onde mellor o descubrín foi precisamente en “No es un día cualquiera”. Nas súas seccións ou cada vez que falaba el, eu ás veces é que me partía. Nunca o imaxinara tan divertido. O de bo comunicador xa se presupón, pero que a isto lle achegue unha bonanza e un faladeiro tan gracioso non o consegue calquera. Íñigo, cunha simple frase facía rir ó auditorio. E cando falaba das súas viaxes... uff. Por certo, boa viaxe, don Íñigo.

Finca
Fierro. Sábado, 5 de maio de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario