Tan axiña como vin as imaxes por
televisión, souben ó momento que non é necesario ir a Irán ou
Iraq ou a calquera país que hoxe se atope en guerra para ver un
escenario apocalíptico como o que vin en Tui, máis en concreto, en
Baldrán, parroquia de Paramos, por culpa da explosión dunha
polvoreira ilegal. Tal
accidente custoulle a vida a dúas persoas, deixou case 40 feridos e
60 vivendas arrasadas. Ver esa columna de fume (que che recorda á
bomba atómica) e esa focha,
ese buraco que non sei se un
mísil
faría tal, é coma retrotraerte
a eses escenarios de guerra que che crucifican a alma. A pirotecnia
era ilegal. A pirotecnia xa tivera máis problemas. E o pirotécnico
está en liberdade
condicional. Me parece a min que non é tan só o propio pirotécnico
o culpable. Se xa tivo problemas, por que seguiu cos materiais
explosivos.
Se volve ter problemas, por que está en liberdade condicional. Hai
que repetir que houbo dous mortos e que moita xentiña quedouse, como
se adoita dicir, en pelotas. Creo que esta xentiña aínda vai botar
un tempo a velas vir. Porque vivimos onde vivimos.
Vivimos
onde vivimos, tamén, politicamente falando. Deixo
aí a frase, pero non vou falar do que aconteceu a semana pasada.
Para que? Sempre haberá alguén que se saia pola tanxente. É igual;
aínda que vexamos como nos meten as mans nas carteiras e como nos
levan os cartos, nós desculpamos o asunto con calquera escusiña de
nada. Ou pensamos naquilo de que “moito peor sería con aqueles ou
cos outros”. Tampouco neste asunto entendo moi ben á xustiza: se
lle botan anos de cárcere a uns seres físicos que foron condenados,
por que non prohiben ou por que non eliminan a unha formación
que tamén foi condenada. E
mirade que non quería falar, pero o asunto foi tan grave que a
propia inercia do cabreo me levou a estas liñas. Pero para que te
cabreas, homiño, se total non é nada. Ó mellor é que te poñas á
beira do río Arnoia e vexas a auga pasar. Xusto ó entrar en Baños
de Molgas, aí, pasa mansa. Ata
poida que asome flotando e
recuperes
a carteira. Claro que máis seguro que che veña baleira. Boa
semana a todos.
Finca
Fierro. Sábado, 26 de maio de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario