Non sei se terei tempo para dicir que
unha frieira quere bailar unha retranca sobre o dedo gordo dun pé
esquerdo ou se un chiscar de ollo significa o que realmente quere que
diga o dono do órgano visual. Do dito ó feito vai un treito.
Ando apurado e non sei se
terei tempo de dicir catro verdades ou de cantarlle as corenta a quen
nunca nada me dixo (tampouco
é iso, home; que eu non como a ninguén)
Estou escoitando un tema
musical de Sergio Cervetti que, a verdade, mete abondo ruído. Aínda
que, o ruído, ben emitido ata chega a ser bonito. Claro que... onde
estea o silencio. Onde estea o silencio é porque non hai ruído. Cae
de caixón. Tamén podía caer de arca de centeo.
Uf, aquelas arcas; valían para todo: para gardar o centeo, para gardar os cabazos, para gardar os tesouros (que tesouros, oh!, quen tiña tesouros?) Sei dun home que ata usou unha arca para non medrar, porque lle dixeron que durmindo enriba dunha arca, encollían os ósos. E a mili estaba á volta da esquina. Fose pola arca ou fose polo talle, librou. Hai xente que nace con sorte. Outros, por desgraza, nacemos estrelados. Aínda así, tivemos tempo para andar por o mundo adiante igualmente. Caendo e levantándonos, pero andamos. Definitivamente, tiven tempo para o relato.

Finca
Fierro. Luns, 14 de maio de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario