O normal é que fose do Lugo porque é
un equipo galego. Pero animei ó Huesca. Nunca tal pensara na miña
vida. Animar ó Huesca, que está no outro cabo do mundo. Pero no
Huesca está un xogador que, mirade por onde, estivo no Lugo. E fóra
do partido de hoxe, animei sempre ó Lugo e seguirei animando ó
Lugo. Pero hoxe fun do Huesca.
Porque se o Huesca ganaba en
Lugo, subía a primeira división do fútbol.
Son un gran afeccionado ó fútbol. Gústame o fútbol. E animei ó Huesca. Para que subise. Porque, subindo, co equipo, sobe tamén David Ferreiro, que hoxe, xa se pode dicir moi claramente que é o primeiro, e ata agora, único xogador molgués que alcanza a primeira división. É normal que sexa un orgullo para os que somos e nos sentimos molgueses. Eu sei que el é molgués e que se sente molgués. Si, xa sei que lle escribín unha reportaxe para o meu Testemuñas da Memoria. Pero é que hoxe... non todos os días se alcanza a primeira división. E moito olliño, non calquera chega aí. Mirade que non hai futbolistas neste país futboleiro noso... e a gloria só e´para uns cantos, para os elixidos, como dirían nas películas ianquis. Este rapaz non é ianqui (nin falta que fai), pero é glorioso. É normal que estea contento. Eu e os molgueses. Agora mesmo están fumegando as redes sociais da contorna. E con razón! Rapaz, contigo berramos e choutamos. A comerse o mundo, David!

Finca
Fierro. Luns, 21 de maio de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario