martes, 29 de mayo de 2018

DUELO DE OLLADAS

A rula pousa sobre o arame de espiño co que Abdías Servo está cercando a leira que ten nas Lagoas, en Baños de Molgas. A rula mira para Abdías e este tamén queda co vista fixa no fermoso paxaro, coma se fora un duelo de olladas. Os segundos semella que se fan eternos, pero é a ruliña a que aparta a mirada por medo ós ruídos que ai ó seu arredor. Non obstante, non emprende o voo. Segue de cando en vez contemplando a Abdías, ó que todo o mundo coñece por Cucurucho (parece ser que de neno, na época dos xeados, el só quería os cornetes) e Abdías, tamén de cando en cando, contempla a rula e pensa ó momento no bonita que é. O Cucurucho senta enriba do saco no que ten diversos aparellos, con parsimonia, saca o seu móbil e, con disimulo, para non asustala, enfoca á ruliña e dálle unha, dúas, tres, moitas veces ó clic da cámara para collela nunha morea de posicións, porque, a rula, segue a moverse continuamente a causa dos ruídos que se producen na poula de don Baldomero Valente, que é quen linda coa Lagoa de Abdías. O Cucurucho repasa as fotos e babexa, xeme de gozo ante a elegancia e a pose da ruliña. Hai paxaros que tan só coa súa presenza fanse querer.

Finca Fierro. Martes, 29 de maio de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario