miércoles, 27 de junio de 2018

FARTO DE CENSURAS!

De que a FIFA é unha institución ditatorial iso xa hai moito que ata eu mesmo o sei. E nas ditaduras, en calquera ditadura a acción máis importante que primeiro se adoita levar a cabo e a da censura. Así é que a FIFA non podía ser menos.
Días atrás castigou a dous futbolistas suízos que amosaron xestos con significado político. A ver, por que unha persoa non pode mostrar o que realmente sente? Ou acaso é que son simples obxectos que só están aí para darlle patadas a un balón? Non din moitas veces que o fútbol incluso educa, ensina, instrúe...? Por que ten que ser o que eles digan? Por que non poden ter razón os xogadores cos seus xestos? Á persoa, á calquera persoa hai que deixarlle o que estamos cansados de pregoar: a liberdade de expresión. Que sexan os demais que digan, que opinen se teñen ou non razón. Cos seus xestos non creo que deixaran de practicar o deporte que está baixo a tutela dese organismo. E este organismo ten que velar só iso: que se xogue. Si, correctamente, educadamente, con competitividade, e fóra diso, que cale. Estou farto de censuras! De que te censuren por isto ou por aquilo. É como se alguén nos quixera domar os miolos para a súa comenencia, para o seu interese. Basta de censura!

Finca Fierro. Mércores, 27 de xuño de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario