Non morrín o sábado porque sei que
vou a facelo de moi velliño, máis alá do centenario. Pero o
sábado, baixo unha canícula de máis de 40 graos, ás dúas da
tarde aínda estaba sulfatando e ás catro e media da tarde xa volvía
estar turrando da mangueira.
Sulfatando, a sensación de
calor non é que sexa real, por aquilo do orballo que deixa o propio
sulfato, pero aínda así, en certas partes do corpo, notaba que a
temperatura era algo fóra do común. Non
obstante, aguantei coma os heroes. Que remedio! Para máis aquel,
pola mañá, non levaramos nada de auga para beber. Nin tan sequera
puiden lavar a boca. E pola tarde, cando estaba a dar o terceiro
tanque, non me quedou outra que parar un momento para botar uns
grolos, para non deshidratarme. Non me gusta parar porque, despois,
case sempre se me tupe a boquilla da mangueira e perdo tempo
limpándoa. Emporiso, non se tupiu e seguín dálle que dálle baixo
unha calor sufocante. Desde as once da mañá ata as oito e media da
tarde, cun intervalo de descanso desde as dúas e media ás catro e
media. Ó ducharme e verme no espello si souben aí a canícula real
que caera: tiña partes do pescozo e da cara máis coloradas que un
tomate. Non obstante, aquí
estou, aquí sigo e preparado para outra. Que remedio!
Finca
Fierro. Domingo, 24 de xuño de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario