Seica caeu unha gran tromba de auga.
Seica si. Normal; cando hai treboadas adoita cear gran cantidade de
auga. Tamén os The Doors deixan caer unha gran cantidade de son e de
boa música. O
bo sería que alguén deixara caer unha gran cantidade de cartos, de
diñeiro, de euros. Vale,
tamén de cariño, si. É que algúns xa estarán pensando que vale
máis un sentimento que todo o ouro do mundo. Algúns. É certo que
hai sentimentos... que se senten. Así de sinxelo.
Outros non senten nada e viven prosmeiros, en estado catatónico e sen saber que están nesta sociedade para cumprir o compromiso. Que compromiso? O de ter espírito para vivir? Hai quen tan só ten un simple espírito maligno na súa conciencia. O espírito maligno ten conciencia? Hai uns poucos que queren aniñar sobre o sentimento dunha rula que está aí, sobre o arame dunha melancolía que lle vén de máis alá dunha curta distancia. Hai gran cantidade de pasos entre unha ollada e unha palabra. Pero hai todo un sentimento entre un salouco e un latexo, entre un suspiro e unha palpitación. Algúns queren ter ou teñen xa unha gran cantidade de sentimentos. Tamén Lázar Berman sente o contacto dunha tecla do seu piano.

Finca
Fierro. Venres, 29 de xuño de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario