Estou sen amañar, díxolle María
Ádega Grego a Dacio Aspirante. Estou espeluxada, acabou rematando.
O seu amigo Dacio Aspirante
mirou para ela e ríuselle na cara, claro. Porque el sabía, ela
sabía, sabían os dous que iso era unha trapallada, unha
trangallada. El, incluso ela, ou sexa, os dous sabían que era tan
fermosa que deixaba a calquera coma un pan, que cortaba o impo.
Dacio Aspirante quería unha foto da súa amiga. Sempre quería unha foto da súa amiga. Porque Dacio Aspirante quería facer honor ó seu apelido: aspiraba a que fora algo máis que amiga. Normal, con esa fermosura! Dacio non era parvo. E pedía, insinuaba, propoñía, recomendaba, deixaba caer directas e indirectas. Mais María Ádega Grego era moita muller para o probe “aspirante”. A súa amiga nacera no seo dunha familia que vivía nunha área concreta dunha, tamén, cidade concreta. E Dacio, máis ou menos o mesmo, pero pola outra beira. É dicir, algo así como comparar a lentitude dun sapoconcho co voo elegante e fermoso dunha bolboreta. Ou sexa, inalcanzable. Estou sen amañar. Estou espeluxada. Que lle importaba iso a Dacio Aspirante! Se el ía moito máis alá dunha cara bonita.

Finca
Fierro. Domingo, 17 de xuño de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario