viernes, 1 de junio de 2018

QUE SOMOS ESPAÑOIS!

O mundo ó revés. Perdón, España ó revés. O que tiña que dimitir non dimitiu e o que non debería dimitir, dimitiu. Claro que o que dimitiu non é español. Esa é a gran diferenza. Porque xa sabemos que no noso país non dimite ninguén. De aí o de o mundo e España. Hai cousas para as que somos únicos, auténticos. Aínda que levemos golpes a darlle cun sacho. É igual, aguantamos coma heroes. Que somos españois, carallo, que somos españois. E se logo por enriba somos galegos, non che digo ná.
Non dimiten os adestradores de fútbol españois, vanche dimitir os “grandes” políticos españois. Coidadiño que aínda hai categorías. Claro que, vai ti saber por que dimitiu o que non era español. Pero dimitiu. Tamén é verdade; por que vai dimitir un cando admite sempre que fixo ben as cousas. Se se traballa ben e con honradez non se debe dimitir. Certo, moi certo. Despois están os estranxeiros que, aínda que fagan ben as cousas, polo que sexa, dimiten. Pois alá eles. Eles saberán. Non imos ser nós os que lle poñamos atrancos. Os estranxeiros que pensen libremente como queiran, que os españois tamén pensamos libremente o que queremos. Non queremos dimitir? Non dimitimos, carallo! Que somos españois! A ver se...

Finca Fierro. Venres, 1 de xuño de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario