Hoxe empezo as vacacións. Non digo
que as mereza ou non. Pero son miñas. Durante dez días vou ír á
costa. Pero á Costa da Gándara,
ou sexa, a tomar o sol baixándolle a rama ás vides, a sulfatar, a
limpar os valados e a máis
diversos traballos.
Sinceramente, estaría mellor
sen vacacións. Pero que todo sexa pola nosa subsistencia.
Como moita parte da subsistencia en Galicia está no AVE. E o noso presidente da Xunta, don Alberto Núñez Feijóo, sábeo ben. De aí que lle lance un aviso ó noso presidente de España, don Pedro Sánchez, dicíndolle que non pensa consistir “nin un mes de atraso co AVE”. Así se fala! Pero tamén debería rematar a frase: “logo de moitos anos, de toda unha vida sen AVE en Galicia”. E durante moitos anos, durante practicamente toda unha vida, gobernaron na nosa terra os seus e o AVE, en vez de minguar, de achicar os espazos do tempo, foinos alongando. Hai que dicilo todo, señor Feijóo, hai que dicilo todo, e non meterlle agora presa ós demais, cando nos mandatos do PP ata un sapoconcho corría máis, moito máis.

Como
moita parte da subsistencia da Manada está na neglixencia,
na preguiza dunha xustiza
que, hai que recoñecelo, nin é xustiza nin é ná. A xustiza do
noso país concédelle liberdade provisional. Se ata as mandas dos
lobos están máis encerrados ca aqueles, porque cada vez lles
acoutamos
máis territorio. E son moito menos animais que esa Manada humana. O
de humana xa entenderedes que é un dicir.
Como
moita parte da subsistencia deste Mundial de Fútbol de Rusia está
practicamente nas seleccións pequenas. Porque o que son as grandes,
en principio están deixando moito que desexar. Ata o fútbol de
España empeza a cansar. Demasiado bonito para a galería. E sempre
se dixo que a esencia do fútbol é o gol. Ata hoxe mesmo non me
importa confesar que oxalá ganase o Mundial a selección de Nixeria.
Porque me caen simpáticos e porque teñen un porteiriño tan mozo
que non lle queda outra que xogar no Fabril (outro
mundialista deste equipiño é Ismael Díaz, de Panamá).
Aí está: un xogador da Segunda B española sendo titular nun
Mundial e facéndoo ben.
Moita
parte da subsistencia está en traballar ben e... algúns, moito.
Finca
Fierro. Venres, 22 de xuño de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario