sábado, 15 de mayo de 2021

ESTAMOS NO TEMPO

Se chove que chova, dicía aquel. Pero aquel estaba debaixo dun paraugas e dáballe igual. Hainos que predican no deserto para escapar precisamente da chuvia. Nos desertos só hai area, sol e silencio. Algún que outro bicho e cactos. E uns poucos oasis. Din que no deserto ásanse os paxariños. En Ourense de cando en vez tamén; incluso bastante a miúdo. Hoxe non. Hoxe quere chover e ás veces chove. Outra veces está tan negro que mete medo. Tamén como dicía outro: estamos no tempo.


Sabina quere estrear un traxe de madeira, pero como tamén di el, a tal madeira aínda non se plantou. Non lle quedará outra que esperar. Iso é fácil de entender, verdade? Normal, Sabina sempre se explicou ben. Eu de cando en cando tamén me explico; aínda que o de que sexa ben ou mal déixoo nas mans do lector. Non sempre con catro palabras se saben dicir cousas. Nin en catro liñas consigo deitar a filosofía da vida para que descanse. Algúns pensamentos ben pensados ou ben escritos adoitan esgotar moito. Moito.

Se chove que chova, digo eu agora. Pero por se aquel vou marchar rapidiño e correndo para a casa, antes de que me pille unha tromba de auga. Non trouxen paraugas. Pola mañá saqueino de paseo (ó paraugas) e non choveu. Agora castigueino porque non quero que se burle de min. Marcho con Ana Belén pegada ós meus oídos. Amo a esta muller. Aínda que, iso si, con quen casaría sería con Aitana Sánchez-Gijón.


Cafetaría La Carabela. A Valenzá. Sábado, 15-05-2021

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario