jueves, 27 de enero de 2022

UNHA ANDAINA TOLA

Vai para dous anos que non realizaba unha desas andainas ás que eu lles chamo tolas. Pola distancia, claro. O outro día collín de boas ó fillo máis vello e díxenlle de ir andando ata Sobrado do Bispo. Desde a Finca Fierro. Alá marchamos. Pasamos por As Lamas e subimos deica Barbadás. Digo subimos porque é subir. Como seguimos subindo ata Sobrado do Bispo. Aquí xa sabiamos que se volviamos polo mesmo traxecto completaríamos os, máis ou menos 15 quilómetros que nos puxeramos como máximo.


Pero a min aquilo de volver polo xa coñecido, pois como que non. Sabendo, ademais, que Moreiras estaba a uns tres quilómetros. Se tirabamos ata Moreiras, despois todo sería para abaixo, e sempre se dixo que nesa dirección todos os santos axudan.

Así é que collemos forzas na terraza dun bodegón que había en Sobrado, tomando un cafeciño, eu, e unha auga, Xoel. Axiña emprendemos o camiño a Moreiras e xusto cando estabamos a piques de entrar na aldea, atopámonos cunha ruta de case dous quilómetros, pero por un carreiro ou camiño de carros, ou sexa, máis bonito que pola estrada. Collémola pensando que nos levaba ó fondo de Moreiras e levounos practicamente ó lugar de onde estabamos chegando antes. A esas alturas xa estabamos de andaina ata aquel sitio. A baixada ata A Valenzá foi unha crucifixión a causa da dor nos xemelgos e nas inguas. Chegamos á Finca Fierro logo de completar 16,55 quilómetros en pouco máis de tres horas. Unha animalada.


Café A Pedreira. A Valenzá. Xoves, 27 de xaneiro de 2022

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario