martes, 24 de febrero de 2015

A CULPA SEMPRE É DOS ÁRBITROS


               Agora ata Rafael Nadal lle bota a culpa ós árbitros dos seus males. E rifa con eles. Creo que é o menos indicado para incomodarse cos árbitros. A el téñenlle perdoado moitas, principalmente cando saca. A ver, voume poñer no caso do seu rival: eu son, por exemplo David Ferrer e agáchome sobre os xeonllos esperando o saque de Nadal (porque o que recibe adoita poñer esa postura no fondo da pista). O, hoxe, número 4 do mundo empeza cos seus tics: toca dun lado, toca do outro, rasca aquí, raña alá, engurra o pantalón, estira a camiseta; a min empezan a doerme xa os riles, empezo a partirme da cruz esperando unha bóla que nunca sae da raqueta de Nadal. Dígoo de corazón: prefiro cavar unha leira de millo; canso menos que esperando unha pelota que non chega nunca. Non sei canto tempo ten que transcorrer para sacar, mais algunha vez oín pola televisión o risco que corre Nadal para sacar, o que significa que máis dunha vez se bota fóra de tempo, e os xuíces fan a vista gorda. Emporiso, pásalle coma todo bicho vivinte: que cando as cousas se torcen, no deporte, a culpa sempre é dos árbitros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario