lunes, 16 de febrero de 2015

UN INSULTO PARA O LECTOR


               Por moito que nos atopemos nesta era informática onde calquera noticia viaxa con Buzz Lightyear, é dicir, ata o infinito e máis alá, sigo opinando que onde haxa un xornal que se retire calquera móbil de última xeración. Gústanme os xornais porque nos informan. Amo os xornais porque quero saber. E escribo neste xornal porque tamén quero dicir algo. Pero ás veces tamén meten a pata ata o fondo. Ás veces publican noticias que son un insulto para o lector ou, mellor dito, para o lector pobre (que hai moitos). O outro día lanzaron a bado aberto a nova da rebaixa do soldo do rei, un 20%. Unha barbaridade! E de seguido, de todas as maneiras habidas e por haber (en PDF, en Excel, en base de datos, en columniñas...) publican tamén os soldos da raíña (non sei qué posto de traballo ten, fóra de “muller de”) e dos ex reis (que se son ex e xubilados a qué vén tanto soldo) Están ou non nos están insultando? É mellor non saber o que cobran! Non é necesario informar deses abusos! Así polo menos evitaríannos uns cabreos. Os xornais deberían ter máis coidado cos sentimentos do lector.

No hay comentarios:

Publicar un comentario